Plateresco

Porta do Hospital Real de Santiago de Compostela, obra culminante do plateresco.
Fachada da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
Fachada da Universidade de Salamanca (España).

Plateresco[1], tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras[2]. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I,[3] especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da Península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México.[3] Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza[4] e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.[3] A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo.[5] En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.[3]

No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.[6]

  1. Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1162665&sinom=0 |título=Definición no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140910201431/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1162665&sinom=0 |dataarquivo=10 de setembro de 2014 |urlmorta=yes }}
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Arellano, Fernando; El arte hispanoamericano, pp 13-14. Ed. Universidad Católica Andrés (1988). ISBN 978-980-244-017-7.
  4. Marías, Fernando; El siglo XVI: Gótico y Renacimiento, p. 24. Ed. Sílex Ediciones (2002). ISBN 978-84-7737-037-6.
  5. Bendala Galán, Manuel; Manual del arte español, p. 416. Ed. Sílex Ediciones (2003). ISBN 978-84-7737-099-4.
  6. Bendala Galán, Manuel; Manual del arte español, p. 739. Ed. Sílex Ediciones (2003). ISBN 978-84-7737-099-4.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search